SAHARA
Aqui estamos outra dia mais, esta vez dende o sahara.
Despois de Tiznit fomos a un pobo da costa que se chama Sidi-Ifni. Este pobo foi un protectorado Espanhol, e foi o ultimo en indipendizarse, 1979 , mentres co resto do sahara occidental foi 1975 coa marcha verde. Aqui estibemos moi agusto, moita xente fala espanhol, fixemos un amiguete, Sigar que nos acompanhou e axudounos a buscar un lugar onde comer ben e barato, a facer o cambio de aceite a moto, que boa falta lle facia e tamen nos deu informacion valiosa sobre a ruta cara a Mauritani, el ten ido bastantes veces. Todo o mundo se portou con nos moi ben, a xente do hotel nos cuidaba moito. Hai varios hoteis de guiris que estaban moi ben, mais caros, pero o noso interese sigue sendo conhecer a xente de aqui por iso optamos polos seus hoteis, dentro dun marxen de hixiene.
De Sidi-ifni fomos a Tan tan, esto xa e sahara e ven que se nota. A estrada e kms de recta con deserto a ambos lados, sen ver outra cousa que non sexa terra e mais terra que se perde no horizonte, asi 125 km, imaxinades? e so un bar onde parar e comer un Tajin, moito camion de transporte, e algun que outro control de policia sen problema.
A motinho portase de medo, creo que a bautizaremos co nome da Incansable pois come kms coma unha campeona.Dende logo este e un viaxe ideal para facer coa autocaravana, non hai problema coas carreteiras de feitoesta cheo de franceses que aparcan nas mellores praias.
En Tan tan decidimos non parar a dormir, nos fomos cara a costa a 20 km, un pobo que se chama El Ouatia, eles lle chaman Tan Tan beach. Aqui hai poucos hoteis e dous deles son dunha francesa, precioso, en plan enxebre a pe de praia, recomendado pola guia de trotamundos, e un frances xa de mais luxo. Non son excesibamente caros pero non dentro do noso presuposto, tres meses e moito tempo polo que temos que controlar ben os gastos; asi que optamos por un que rexentaba un lugarenho. Tenho que comentar ca posta de sol foi increible, das mellores que vin.
A xente neste pobo non nos agradou nada, todo o mundo con cara seria, e mirandote con desconfianza.
A visita a Lala non vai ser tan pronto coma pensabamos porque non temos outra opcion mais que entrar por Mauritania, eso quere decir chegar a Nouadhibou,e de ahi subir bordeando toda a fronteira ata os campamentos; moitos km. Esta manha volvemos a falar coa familia de Lala, o que se pon o tlf creemos que e o Mestre da madraza que vai Lala, el tamen nos confirmou que so se pode por Mauritania; polo que sobre a marcha faise caminho.
Agora imos de caminho cara Laayoune, estamos emocionedos de conhecer estas terras. Hoxe chegamos a Tarfaya, a punta mais preto das illas canarias, concretamente de Lanzarota. Impresionante, xa o caminho para chegar e o sahara puro e duro, sorte que pretinho do mar e iso da outro aire, pasas por un parque natural onde hai unha salina tremenda, xunto coas dunas e as praias e un espectaculo que te embriaga. Tamen vimos os primeiros dromedarios soltos pastando.
Tinhamos interes en vir aqui porque para o mes que ven comeza a funcionar un ferry de aqui a Lanzarote e queriamos informarnos de primera linea si isto era certo, por si acaso a volta o collemos coa moto.
Tarfaya nos sorprendeu moito por moitos motivos, pero sobre todo pola xente que nos atopamos. No proximo tag seguimos contando, agora nos pecha o ciber.
Xoana, encantounos que nos escribiras a verdade que nos reimos moito co de Lolita, dalle un bico da nosa parte, outro para ti tamen e a seguir asi.Moitos abrazos a mama e cuidana moito.
Sara saudinhos para ti tamen, duro co patinase.
Mari coma non, incondicional, se agradece moitisimo saber que estas ahi, estando tan lonxe.
Saudos tamen para todos os companheiros queestades o outro lado, non perdemos o contacto.

MARIA dijo
Hola mozos:
Estamos todos moi contentos de que as cousas os vaian saindo tan ben. Por aqui andamos uns con outros comentando o que vades escribindo. Tranquiliza moito ir sabendo de vos cada poucos dias. Tedes que facer todas as fotos que podades para á volta irnos contando todo ¿vale?.
O sahara, interesantisimo ¿non?, ¿a xente fala do tema dos saharauis refuxiados en Arxelia?. Xa me contaredes
O de ir ver a Lala, estou segura que habedes de ir a vela, unha vez por esas terras xa é un esforzo relativamente menor é só por vela no seu entorno paga a pena.
Por aqui xa comenzou a chover. Había problema porque facía meses que non caia nen gota pero onte, finalemente, choveu todo o dia e hoxe esta o día gris e frio, con algunha pinga.
Bueno amores coidarbos moitisimo, e coidar tamen á "INCANSABLE".
Xa sabes que calquieira cousa que necesitedes non tedes mais que pedila
MILLONS DE BICOS DE ABRAZOS
20 Noviembre 2007 | 11:51 AM