LARACHE
Hola a todos!
Esta e a nosa primeira noite en Marrocos; estqmos en Larache.
Onte cedinho saimos de Granada. facendo caminho cara Algeciras. todo dia en moto pero se leba ben. a sensacion de viaxar en moto e completamente diferente a ir en coche. dende logo que si. Chegamos a Algeciras as 5 da tarde e como xa mercaramos os tikets do ferri a Ceuta de caminho (por certo bastante mais barato) pudemos ir directamente o porto i embarcar no ferri as 5.
As 6 estabamos en Ceuta. buscando unha pension preguntamos nun bar a un home que resultou ser de Vilagarcia e que conheciamos a un amigo en comun. empatamos e nos invitou a dormir e cenar na sua casa e pola manha fixonos un tour por Ceuta no seu coche; como en casa.
A media manha cruzamos a fronteira sen incidentes e bastante rapido; decidimos tirar cara a costa atlantica, e chegamos a Larache que e onde estamos agora, pasaremos a noite aqui.
A temeratura estupenda, o que a nos nos apetecia.
Primer dia en Marrocos ainda costa afacerse a todo isto.
Sentimos non mandar fotos de momento.
Mil bikos para todos, e si conseguimos chegar a sahara Lala recibira moitos amorinhos de Galiza.
Hata pronto seguimos en contacto;
MARIA Y JOSE dijo
¡HOLA RAPACES!
Que rapida estades a facer a ruta, pensabamos que iades tardar mais. Genial o do home de Vilagarcia, ¡ iso só nos pasa a os galegos! je,je,je.
Agora comenza xa a AVETURA, ter coidado por ahi que o tema con Marrocos esta quente polo de Ceuta e Melilla, ainda que estou segura de que vos habedes defender ben.
Moitos bicos dende a vosa "terriña".
Por certo ¿xa ten nome a moto?.
BICOS
8 Noviembre 2007 | 07:20 PM